HOLA DE NOVO AMIGUIÑOS/AS!
Como sabedes, no Wenceslao non pechamos e aínda que sexa Semana Santa, queremos que os nosos cativos e cativas sigan disfrutando e divertíndose nestes días difíciles. Por iso, aquí vos traemos unha nova proposta:
- MENTE EN FORMA
Coa situación que estamos a atraversar, entendemos que non é doado exercitar a nosa cabeza estando todo día na casa. Pero nos traémosche a solución!! Co seguinte xogo "códigos musicais" faremos un exercicio de atención, concentración e memoria á vez que pasamos un anaco ben divertido e entretido en compañía da nosa familia.
É moi sinxelo, necesitamos varios folios de colores (si non tés, podes facelos ti mesmo/a pintando) e a partir de ahí, tan só temos que improvisar para crear diferentes melodías e intentar que o noso contrincante non sexa quen de repetir a secuencia.
Aquí deixamos un vídeo que vos pode servir de exemplo, mais queremos ver a vosa capacidade creativa!!
ADIANTE COMPOSITORES!
- CORPO EN FORMA
Todos coñecemos a gran riqueza cultural que temos en Galicia, por iso o reto de corpo en forma de hoxe, consiste en escoller un xogo tradicional galego e facer unha demostración. Así, ademáis de exercitar un pouco ese esqueleto, será unha boa maneira de sobrelevar esta fin de semana.
Sabemos que moitos de vos estades confinados nun piso, o cal pode dificultar levar a cabo o reto, por iso queremos que saquedes a relucir o voso inxenio. Por exemplo, estamos seguras de que todos/as xogastes algunha vez ao marabilloso xogo da raiola. Pois aproveitando os folios do anterior reto, mira o que podes facer:
Esto tan só é un exemplo, ahora tócache a ti. E recorda, intenta que os teus familiares tamén participen para levar máis puntos ;)
RECORDA, envía a túa proposta á dirección fapaswenceslao@gmail.com e poderás conseguir puntos/antivirus para o teu centro. Si envías unha foto levas 1 punto e si envías un vídeo, serán nada máis e nada menos que 10 puntazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario