Que tal estades nenas e nenos, xa queda menos pra que isto remate, temos que seguir facendo o que estamos a facer, quedarte na casa, que o estades a facer moi ben..SODES UNS CAMPEONS/AS!!!
- MENTE EN FORMA.
Os vosos debuxos son auténticas obras de arte que merecen un marco para estar colgados e así que todo o mundo os vexa.
Por iso, hoxe imos a ensinarvos como facer un marco pra os vosos debuxos, feito con paxitas.
Necesitamos:
- Paxitas de plástico
Imos publicar un video tamén pra que poidades ver tamén coma se fan, e así vos sexa mais doado de facer.
Como vemos no vídeo, non podería ser máis sinxelo. Debemos cortar as paxitas do mesmo longo dos lados do debuxo, tendo en conta que os dous lados máis curtos quedarán no medio das dúas paxitas horizontais.
Logo abrimos as paxitas coas tesoiras (SEMPRE CUN ADULTO DIANTE), prestando atención para que o corte quédenos o máis dereito posible.
Cortamos unha la ou cordón duns 35 cm. de longo, anudamos os extremos, e pasámola polo interior da paxita que colocaremos no lado superior do debuxo. Neste punto podemos poñer un pouquiño de celo de dúas caras nos ángulos do debuxo para asegurar as paxitas, pero isto non será necesario se o papel sobre o que está feito o debuxo é algo groso, ou se o pegamos sobre cartolina (daralle maior resistencia).
Se fixemos o corte bastante dereito a paxita encastrará no papel sen necesidade de usar o celo. Simplemente pasamos os lados do debuxo polo interior das ranuras que creamos en cada paxita e listo!
E aquí vos deixo o video para que o poidades ver:
- CORPO EN FORMA.
Como xa sabedes o mais importante cando facemos exercicio e facer un bo quencemento, por iso imos facer un no cal teremos que facer un pouco de exercicio
1. Comezamos saltando cos pes xuntos, o facemos polo menos 10 veces.
2. Saltamos subindo os nocelos, temos que subilos o máximo que poidamos, 10 veces tamén.
3. Saltando poñemos as mans detrás e tratamos de tocalas cos nosos talóns, 10 veces tamén.
4. Sentamos no chan, poñemos a espalda o mais recta posible, e tratamos de collernos os pes, coma sempre NON VALE DOBRAR OS NOCELOS, repetimos este movemento 10 veces, se colleches os pes...conta ata 10 cos pes collidos polas mans.
Lembrádevos que teredes que subir un video ou fotos facendo un dos dous retos que hoxe vos propoñemos para conseguir antivirus.
RECORDADE!!!
Foto= 1 Punto.
Vídeo= 10 Puntos.
E se animades a calquera para que o faga levaredes PUNTIÑOS EXTRA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario