OLA OLA PEQUES :)
Por fin venres!! Unha semaniña menos para voltar á normalidade ✌
Como xa sabedes, hoxe poñemos fin ao noso particular concurso coa terceira e última derradeira proba. Todos coñecedes o famoso concurso "pasapalabra" verdade? Pois o reto ten moito que ver con iso, xa que teredes que completar un rosco como o de pasapalabra. Veredes que é moi sinxelo, aparecen imaxes ou pistas escritas de palabras moooooi relacionadas coa actual situación que estamos vivindo.
Adiante! sentídevos todas unhas estrelas da televisión! 😎
Posto que unha das temáticas do rosco son os hábitos saludables, que tan importantes son na nosa vida, na segunda parte do reto terás que contarnos qué cres ti que é importante para manter unha boa saúde
Como sempre, queremos saber o ben que o fas, dille a alguen na casa que che saque unha foto ou grabe un vídeo á vez que fas a actividade e envíao a fapaswenceslao@gmail.com
GRACIAS POLO VOSO ESFORZO NENOS E NENAS!! Encántanos que participedes tanto e tan ben 😀 nos próximos días todos os participantes recibiredes o voso ben merecido premio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario