Ola a todos/as!!!
Cada día que pasamos nas nosas casas estamos facendo unha cousa moi importante, ainda que non o creades...estamos salvando vidas, por iso temos que facer o que facemos que é quedar na casa, veña nen@moito ánimo que xa nos queda menos pra poder volver a vida de sempre.
Cada día que pasamos nas nosas casas estamos facendo unha cousa moi importante, ainda que non o creades...estamos salvando vidas, por iso temos que facer o que facemos que é quedar na casa, veña nen@moito ánimo que xa nos queda menos pra poder volver a vida de sempre.
- Mente en forma
Hoxe imos facer un xogo co que podemos xogar cos que están na casa, é o tres en raia...
Materiais que necesitamos:
- Un cartón ou unha tapa dunha caixa de cartón, cartulina, folios o que teñades na casa:
- Goma eva ou papel pra cubrir a tapa de cartón, ten que ser de cor branca:
- Un rotulador ou un bolígrafo de cor negro:
- Neste último material podemos usar varias cousas, dependo do que teñamos na casa...ou 6 tapóns, ou cartón, ou macarróns, ou pedras.....
Agora que xa temos todo, imos comezar...
1.-Collemos a goma eva ou os folios e os pegamos por riba da tapa de cartón ou do cartón que teñamos, e os pegamos ben pra cubrir ben todo.
2.-Unha vez que xa o teñamos pegado, imos debuxar coa axuda dunha regra unhas raias, coa que temos que debuxar unha raias pra facer uns cuadrados:
3.-Agora imos decorar o que vos dicía antes, tapóns...macarróns...pedras...o que teñamos por casa. Imos facer 3 dun equipo e outros 3 doutro equipo, e o temos que facer debuxando algo que nos guste, ou de cores distinta un equipo do outro:
Eu vou ensinarvos o que fixen eu, pero necesito que me enviedes as fotos dos vosos:
-Corpo en forma
Espero que todos estedes preparados pra facer un pouquiño de exercicio, xa que temos que poñernos a facer agora algo de deporte...
Imos pedir na casa que nos deixen duas botellas de plástico cheas de líquido, auga, coca-cola...
Buscamos unha silla, poñemos as dúas botellas aos lados da silla, e nos sentamos na silla.
Agora temos que poñer unha canción que nos guste....e comezamos a facer o exercicio:
A música está soando e nos sentados na silla imos levantarnos e sentarnos na silla, pero cada vez que levantemos o facemos collendo as botellas, e ao sentar as deixamos no chan, e o temos que facer todo o tempo mentres esté soando a canción que escollimos...
Veña moito ánimo e mandadenos os vosos videos facendo os exercicios...
Acordádevos que cada vídeo son 10 PUNTOS para derrotar ao
coronavirus!
Moito ánimo e dádelle duro!
RECORDADE!!
Envía a túa proposta á dirección fapaswenceslao@gmail.com e
poderás conseguir puntos/antivirus para o teu centro. Si envías unha
foto levas 1 punto e si envías un vídeo, serán nada máis e nada menos
que 10 puntazos.