martes, 7 de abril de 2020

PROMOVAMOS A EMPATÍA

OLA, OLA PEQUES E FAMILIA :)

Hoxe neste espazo chamado "enlaces de interese" vemos necesario facer unha pequena mención á EMPATÍA, debido a que nestes momentos é unha das habilidades máiss importantes.

A empatía é poñerse no lugar de outra persoa e entender como se sinte en cada momento. 

Agora que temos que quedarnos na casa, é algo que debemos entender e practicar, xa que se entendemos que o mellor para todos é non saír para axudar aos demáis, estaremos aprendendo esta capacidade. 

Deixamosvos aquí un pequeno vídeo no que o poderedes entender de forma moi sinxela!


Ningún comentario:

Publicar un comentario