Bos días un mércores máis!! A continuación tedes os retos
para o día de hoxe!!
- MENTE EN FORMA
Hoxe imos realizar algo moi sinxelo, pero á vez mooooi
divertido! Para realizala só empregaremos folios, única e exclusivamente para
facer... AVIÓNS DE PAPEL!
A continuación, subirei uns videos de avións feitos de papel
de formas diferentes, para que vos animedes a facelos e comprobedes cal é o que
mellor voa facendo unha carreira de avións!
Esperamos os vosos vídeos das tan ansiadas carreiras!!
- CORPO EN FORMA
E para empezar con bo pe este día trataremos de facer una
coreografía! Queremos ver eses corpiños moverse e darnos a alegría que
necesitamos nestos días!
Para as coreografías, escollimos dúas cancións das que
poderedes escoller a coreografía que queirades realizar!
POR CERTO!!! Se sodes uns cracks e sodes capaces de facer
unha coreografía doutra canción que VOS elixades, encantados de velas!!
Acordádevos que cada vídeo son 10 PUNTOS para derrotar ao
coronavirus!
Moito ánimo e dádelle duro!
RECORDADE!!
Envía a túa proposta á dirección fapaswenceslao@gmail.com e poderás conseguir puntos/antivirus para o teu centro. Si envías unha foto levas 1 punto e si envías un vídeo, serán nada máis e nada menos que 10 puntazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario