- MENTE EN FORMA.
Por iso, ¡¡imos convertirnos en
científicos!! A continuación, explicarei dous experimentos que poderedes facer
na casa coa axuda dun adulto, para que vexades as reaccións que poden provocar
diferentes productos que temos nas nosas casas. Mandámosvos dous porque pode
ocorrer que para algúns deles non teñades a totalidade dos productos para poder
facelos.
Teredes que subir un vídeo
realizando un dos experimentos para conseguir 10 PUNTAZOS! Ainda que si queredes realizar os dous
podedes, conseguindo así o dobre
de puntos!!!
O primeiro experimento chámase O VOLCÁN DE ESPUMA.
Para realizar este experimento
necesitaremos os seguintes materiais:
- Un Tarro de cristal.
- Vinagre.
- Xabón (o fairy ou calquer tipo de xabón de vaixela).
- Calquer obxecto para poder remover.
- Bicarbonato.
Este experimento consiste en encher
un cuarto de tarro con vinagre. A continuación, ponselle un chorriño de xabón
de vaixela y remóvese. Antes de seguir, colócase o tarro nunha bandexa ou algo
similar.
Unha vez dentro da bandexa,
agrégase unha cullerada de bicarbonato e comézase a remover o tarro ata que
acaba saindo o “volcán” en erupción.
O segundo dos experimentos é un
pouco máis a longo prazo, e chámase SEMBRAMOS LEGUMES.
Para realizar este experimento
necesitamos os seguintes materiais:
- Unhas poucas de legumes (alubias, lentellas).
- Vaso ou recipiente de iogur vacío.
- Algodón mollado en auga.
Para este experimento, teremos que
introducir unhas legumes das que mencionei antes nun vaso ou recipiente de
iogur. Acto seguido, metemos o algodón mollado en auga. E despois só teredes
que esperar a ver cómo xermina durante unha ou dúas semanas, coidando que o
algodón siga tendo humidade, polo que se vemos que se seca botamos un pouquiño
de auga (non moita).
¡Importante!!
Ter o vaso ou recipiente nunha zona clara, a unha temperaruta ambiente, é
dicir, non o teñades metido nun armario ou algo polo estilo.
Mentres o experimento está evolucionando podedes decorar o recipiente por fóra!
Aquí tedes un exemplo do experimento:
Mentres o experimento está evolucionando podedes decorar o recipiente por fóra!
Aquí tedes un exemplo do experimento:
MOITO ÁNIMO CIENTÍFICOS!!!
- CORPO EN FORMA.
Durante os días de hoxe e mañá
xogaremos ao xogo de ¡O CHAN É
LAVA!
Neste xogo pode participar toda a
familia. É un xogo sinxelo no que hai que dicir a frase “O CHAN É LAVA”, e a
continuación a persoa á que se lle di terá que buscar rápidamente un lugar no
que subirse sen pisar o chan durante 10 segundos.
Isto pódese facerse en calquer
momento e estaría xenial que o fixerades grabándovos, para conseguir máis
puntos para a loita contra o Coronavirus.
ANIMÁVEDOS!!!
RECORDADE!!!
FOTOS= 1 punto.
VÍDEOS= 10 puntos.
E si se unen mais persoas gañamos PUNTOS EXTRA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario