RETO 11

Bos días un mércores máis!! A continuación tedes os retos para o día de hoxe!!

- MENTE EN FORMA

Hoxe imos realizar algo moi sinxelo, pero á vez mooooi divertido! Para realizala só empregaremos folios, única e exclusivamente para facer... AVIÓNS DE PAPEL!
A continuación, subirei uns videos de avións feitos de papel de formas diferentes, para que vos animedes a facelos e comprobedes cal é o que mellor voa facendo unha carreira de avións!












Esperamos os vosos vídeos das tan ansiadas carreiras!!

- CORPO EN FORMA

E para empezar con bo pe este día trataremos de facer una coreografía! Queremos ver eses corpiños moverse e darnos a alegría que necesitamos nestos días!
Para as coreografías, escollimos dúas cancións das que poderedes escoller a coreografía que queirades realizar!





POR CERTO!!! Se sodes uns cracks e sodes capaces de facer unha coreografía doutra canción que VOS elixades, encantados de velas!!
Acordádevos que cada vídeo son 10 PUNTOS para derrotar ao coronavirus!
Moito ánimo e dádelle duro!

RECORDADE!!

Envía a túa proposta á dirección fapaswenceslao@gmail.com e poderás conseguir puntos/antivirus para o teu centro. Si envías unha foto levas 1 punto e si envías un vídeo, serán nada máis e nada menos que 10 puntazos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario