mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 2

Bos días rapazada! 
Que vos parece se continuamos co segundo reto deste blog? 
Hoxe teremos dúas actividades máis para que fagades co fin de seguir conseguindo puntos
para derrotar ao Coronavirus!

- Para manter o CORPO EN FORMA:
A continuación teredes un vídeo de yoga no que dúas rapazas nos ensinan varias
posturas de yoga e no que ao final realizan un baile.
Pois ben, o que tedes que facer para conseguir nada máis que 10 PUNTOS, é
gravarvos realizando algunha das posturas de yoga que se ven no video ou ben
bailando a canción de “El cuento de las mariposas” que bailan as rapazas.
Animádevos!!


- Para manter a MENTE EN FORMA:

En canto á mente en forma, hoxe teredes que resolver unhas adivinanzas que se
mostrarán a continuación, e, unha vez resoltas, teredes que facer un debuxo no que
aparezan os resultados desas adivinanzas!
Se subides unha foto do debuxo levaredes 1 PUNTAZO para seguir sumando!
E se subides un vídeo facendo o debuxo levaredes 10 PUNTAZOS!!!

Poñemos un exemplo para que quede ben clariño:
Ouro parece, prata non é, quen non o saiba, un tontiño é.
(((El plátano)))
Entón teríades que realizar un debuxo no que aparecese un plátano.


Resultado de imagen de dibujo platano

Aquí van as adivinanzas que tedes que acertar:

1. Teño agullas pero non sei coser, teño números pero non sei ler, a hora douche,
sabes quen son?

2. Cheos de auga, cheos de viño, sobre a mesa están e son de cristal fino.

3. Branca por dentro, verde por fóra, si queres que o adiviñe... Espera, que é?

É o voso turno de debuxar, sede creativos :) 

RECORDADE!!!
Foto= 1 Punto. 
Vídeo= 10 Puntos. 

E se animades a calquera para que o faga levaredes PUNTIÑOS EXTRA.