xoves, 26 de marzo de 2020

RECURSOS PARA TRABALLAR AS DIFERENTES MATERIAS

Bo día rapaces e rapazas

Hoxe, como xa sabedes, non hai reto :( 

Pero imos deixarvos por aquí algunhas páxinas que vos poden gustar, como por exemplo:

MUNDO PRIMARIA


Nesta páxina atoparedes moitos xogos divididos en áreas, temas e cursos, xa que non todos temos a misma idade.

Tamén teredes unha explicación de todos os xogos que aparecen na páxina. 

PEKE GIFS 


Esta páxina está dirixida aos máis peques.

OLLO! que ten cousas moi divertidas para os grandes tamén.

Anímovos a que entredes e vexades a cantidade de adiviñanzas, debuxos, laberintos, xogos de disney... que ten esta páxina. 

RECORDADE!!

Os días que non haxa reto poñeremos páxinas que vos poidan interesar, así que ESTADE ATENTOS/AS!