domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS

Resultado de imagen de NIÑOS JUGANDO

Este xogo online presentase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos vivindo coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado  decretou a permanencia no domicilio durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.

Tratase dun sistema telemático no que se plantexa a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: XAQUE AO VIRUS. 

O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso graniño de area. 

O xogo é un taboleiro telemático que ten 19 retos a superar, relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidaridade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestos momentos que estamos vivindo.

Se o reto se supera entre todos os nenos e nenas deste colexio, concedense unha serie de punto o "ANTIVIRUS" necesarios para derrotar ao Coronavirus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario