Para esta fin de semana traémosvos outros retos mooooi interesantes!
Debido a que o domingo é o día da Nai, para o reto MENTE EN FORMA traémosvos unhas manualidades que podedes facer para regalarllas ás vosas nais!! Podedes ser creativos e inventar algo, pero nos pensamos nalgunhas que vos mostramos a continuación:
Poesías:
Debuxos:
Manualidade de flores:
Para a realización destes detalles que lles encantarán ás vosas nais, non se require ningún material que non se teña nas vosas casas, debido a que con papel (xa sexan folios, cartolinas...) e cores para pintar (ceras, rotuladores...) serven para facer algo disto!
Animádevos!! E recordade que as fotos que nos mandedes ao correo fapaswenceslao@gmail.com son un puntiño máis!!!
Para o reto CORPO EN FORMA realizaremos un pouquiño de... ¡ZUMBA!
Teredes que grabarvos facendo un pouco de zumba tendo como base do baile o seguinte:
MOITO ÁNIMO E QUEREMOS VER ESES CORPIÑOS MOVERSE!!! Cada vídeo que nos mandedes serán 10 puntazos!!
Lembrade que temos que ver o ben que o facedes para batir a este virus, o estamos a facer tan tan ben que cada vez queda menos para que o logremos derrotar!!
Video 10 puntos.Imaxe 1 punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario