xoves, 28 de maio de 2020

ATA MOI PRONTO PEQUES :)


OLA E ATA PRONTO AOS NOSOS PEQUES!

Só darvos as grazas por participar e por formar a pequena familia que somos no CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ, vós fichedes posible que esta loita contra o virus fora gañada!!

GRAZAS GRAZAS E GRAZAS

E para que esta despedida non sexa tan triste vos deixamos o vídeo que deu forma ao blog e o que foi o noso grito de loita durante moitos meses

RECORDADE!!! 
Tamén queremos dar un regaliño a aqueles que participaron con nós, por iso desde as FAPAS fixeron un diploma e medallas para vós! 


Tedes que ir a buscalo ao Forum Metropolitano os días 1, 2 ou 3 de xuño (lembrade a mascarilla e o DNI para que vos identifiquedes) de 16:00- 18:00h.

Hoxe dicímosvos ATA LOGO porque esperamos vervos moi prontiño no programa “CON CILIA VERÁN 2020” 😊 que son os campamentos de verán, deixámosvos a información abaixo

https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453730972188

mércores, 27 de maio de 2020

RETO 24

BOS DIAS RAPACES!!

Hoxe acabamos cos retos, aqui vos traemos o último. O virus está xa casi noqueado, ainda que todavía temos que seguir respetando as normas para acabar de gañar!


Aqui vos deixamos os retos.


MENTE EN FORMA:

Boas nenas e nenos, o reto de hoxe consiste en realizar unha manualidade que vos servirá para realizar despois o seguinte reto. 
Teredes que coller 6 botellas de plástico baleiras con un pouquiño de auga , e intentar que semellen a uns bolos, poderedes pintalos e poñelos ao voso gusto e para a bola de bolos, poderes coller un balón de cualquer tipo. 
Aquí vos deixamos un video orientativo para realizar os bolos. 
https://www.youtube.com/watch?v=rBfrqpN6BZ4 

CORPO EN FORMA:


¡Aquí queremos que sudes!
Esta proba é moi sinxela: tedes que correr no sitio. Sen movervos de onde estedes, temos que mover as pernas como se estiverades correndo, o máis rápido que poidades, durante 30 segundos.
3…
2…
1…
¡Xa!


Aquí vos deixamos unha mostra de cómo se fai:
Non vos esquezades de mandarnos os vosos videos, xa son os últimos.
Video: 10 puntos.
Foto: 1 punto.
Moitísimo ánimo Campions!


martes, 26 de maio de 2020

XOVES A DESPEDIDA


Hoxe só queremos recordarvos que non queda nada para acabar este proceso e que o XOVES faremos una pequena despedida.

Deixamosvos unha web donde tedes 7 contos do que foi e é o Coronavirus



luns, 25 de maio de 2020

Reto Express 5

HOLA RAPACES E RAPAZAS!! Despois desta fin de semana toca outro reto Express no que trataremos de buscar as 7 diferenzas

En primeiro lugar teremos dúas imaxes máis sinxelas e despois outras un pouco máis complicadas. A ver se conseguides ver onde están todas as diferenzas amiguiños! 

RECORDADE: as respostas van nos comentarios e tamén recordarvos

LUNS MÉRCORES: RETO EXPRESS

VENRES: RETO (como os de sempre)



MOITO ÁNIMO E ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS!! 

CLASIFICACIÓN XERAL: SÓ QUEDA ESTA SEMANA


COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.



UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.


domingo, 24 de maio de 2020

A SEMANA QUE VEN DICIMOS ATA PRONTO!


OLA OLA PEQUES¡¡

Hoxe traemosvos unha noticia agridulce, a semana que ven terminamos co xogo XAQUE AO VIRUS, xa temos case ganada a loita contra o Coronavirus.

Entón só dicir que o luns haberá reto express e o mércores será o noso último reto 😊

Esperamos que todo isto vos gustara e pasarais o tempo da cuarentena moito mellor.
A todas aquelas persoas que estiveron con nós desde o principio GRAZAS por facer posible este traballo.

Tamén queremos dar un regaliño a aqueles que participaron con nós, por iso desde as FAPAS fixeron un diploma e medallas para vos! 

Tedes que ir buscálo ao Forum Metropolitano os días 1, 2 ou 3 de xuño (lembrade a mascarilla e o DNI para que vos identifiquedes) de 16:00- 18:00h.

venres, 22 de maio de 2020

RETO 23


BO DÍA!!


Hoxe como xa sabedes temos RETO normal, con dúas actividades: 

- MENTE EN FORMA

Seguro que neste tempo as películas foron un dos mellores pasatempos para vos, 
por qué non nos deixades algunhas das vosas películas favoritas para que todos as vexan?

Unha das nosas é esta:

Coñecédela?



- CORPO EN FORMA

E se bailamos un pouquiño?

HAI TEMPO QUE NON BAILAMOS E QUE NON VOS VEMOS BAILAR


ANIMADEVOS A MANDARNOS OS VOSOS VÍDEOS

mércores, 20 de maio de 2020

RETO EXPRESS 4

HOLA HOLA!! 

Hoxe, 20 de maio, é o Día Mundial das Abellas, eses pequenos insectos aos que moitos temen a súa picadura, mais son indispensables para a conservación da biodiversidade.


Moitos non o sabedes pero as abellas son as encargadas de levar a cabo un proceso chamado polinización, o cal é esencial para a producción e reproducción de cultivos e plantas. De feito, o 90% dos cultivos de frutas que se producen dependen en gran parte da labor das abellas.


Pero as abellas non só axudan ao planteta na polinización das plantas, sinon que grazas o seu traballlo proporcionan ao ser humano múltiples productos beneficiosos para a nosa saúde. Pois todo iso, o reto de hoxe consiste en que investigues un pouco máis sobre estes pequenos insectos e nos escribas un comentario con algún dos productos que fabrican.




BO DÍA A TODOS!!

luns, 18 de maio de 2020

RESPOSTAS RETO 22

TATATATATATACHAAAAN!!

Moi ben rapazada o estades a facer moi moi ben.
Aquí vos deixamos alguns dos videos que nos chegaron.
Moitísimas grazas peques, a seguir así!!




#XuntosPodemos

RETO EXPRESS 3

Ola rapaciada...despois deste fin de semana, hoxe tócanos un reto express pra comezar a semá.

O reto e dar 3 respostas do que preguntamos agora:

Di 3 cousas que leven x 
Di 3 sitios onde non meterías os dedos
Di 3 froitas que teñan pepita


MOITO ÁNIMO!

RECORDADE: as repostas van nos comentarios e tamén recordarvos

LUNS E MÉRCORES: RETO EXPRESS



VENRES: RETO (como os de sempre)

CLASIFICACIÓN XERAL: CASE 35:000

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

domingo, 17 de maio de 2020

ZOOM PARA XOGAR AO SCATTERGORIES CO MANUEL MURGUIA

OLA OLA! 

O mércores as 18:30 os nosos amigos do CEIP MANUEL MURGUIA van xogar ao scattergories con vos! 

Tedes toda a información no blog: https://fapasmanuelmurguia.blogspot.com/?m=1

Entrade e informadevos para saber como vai ser o xogo e para que vos den a clave para a videollamada.


sábado, 16 de maio de 2020

XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

venres, 15 de maio de 2020

RETO 22

Bos dias rapazada!
Que ben o estamos a facer, cada vez podemos disfrutar máis de estar a vencer a este famoso virus.
Despois de dous dias cos retos express, hoxe voltamos para traeros un atractivo reto.
En mente en forma vos imos poñer unhas imaxes, o reto consiste en adiviñar que zonas da nosa cidade están representadas nelas.
Son moi doadas e as ides sacar moi pronto.
E para corpo en forma imos facer unhas cousiñas na rúa.

MENTE EN FORMA:




Xa as tedes a que si? Moi ben rapaces.

CORPO EN FORMA:

Como xa podemos disfrutar dunhas horas na rúa, por iso imos preparar un reto para facer no exterior.
Despóis de estar tantos dias encerrados na casa, é hora de sair a correr.
 1. Mandádenos un video corriendo o máximo que podados durante 10 segundos.
2. Facer 10 saltos cos pés xuntos, teremos en conta os saltos máis longos.
3. O rapaz que tiña bici, ten que mandarnos un pequeno video demostrándonos a súas habilidades pilotando o manillar.

Moitísimas grazas por estar a colaborar tan ben combatendo a Coronavirus.

Nos esquezades mandarnos os vosos videos e fotografias ao noso correo.
fapaswenceslao@gmail.com
Video 10 puntos.
Foto 1 punto.


xoves, 14 de maio de 2020

CONTACONTOS VIRTUAL “LOS LUMBAS”

OLA OLA!

Os nosos amigos do CEIP Salgado Torres  organizaron un contacontos virtual para o mércores día 20 de maio ás 19:00h.

Será un contacontos especial pois contaran coa presenza dos autores do libro "LOS LUMBAS” , Marina Fernández y Pablo Lorenzo.

Tedes que poñervos en contacto con eles a través do corre facilitado no cartel, para que vos poidan mandar a invitación. 

É importante que facilitedes os vosos nomes e o centro

Moitas grazas :) 


mércores, 13 de maio de 2020

RETO EXPRESS 2

OLA OLA! 

Hoxe temos outro dos nosos retos express, tedes que ser moi rápidos/as para gañar puntiños! 

O reto é unha sopa de letras na que tedes que atopar ANIMAIS (en castelán), cantos máis atopedes mellor :) 

MOITO ÁNIMO! 

RECORDADE: as repostas van nos comentarios e tamén recordarvos

LUNS E MÉRCORES: RETO EXPRESS


VENRES: RETO (como os de sempre)



martes, 12 de maio de 2020

XOGO EN CASA: IOGA, BAILE E CONTOS

ESTA SEMANA COMEZAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE CON ACTIVIDADES COMO IOGA, BAILE MODERNO, ESTIRAMENTOS, CONTACONTOS, PSICOMOTRICIDADE, ..., E MOITAS MÁIS.

ESTE É O CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA FACER DESDE CASA.



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

luns, 11 de maio de 2020

RETO EXPRESS 1

OLA OLA!!!
Hoxe como xa avisamos imos ter un retiño express moi sinxelo e divertido

SON 3 ADIVIÑANZAS, a ver se s sabedes

RECORDADE!! POÑERNOS EN COMENTARIOS O NÚMERO DA ADIVIÑANZA E A RESPOSTA :)


1- De sete patos metidos nun caixón, ¿cántos picos e patas son?

2- Son más de un, sin chegar a tres, e chego a castro cando dous me des.

3- Hai un número que se creía moi valente, pero cando o cinto quitouse todo o seu valor perdeu.

*De agora en adiante imos ter: 

LUNS E MÉRCORES: RETO EXPRESS

VENRES: RETO NORMAL

CLASIFICACIÓN XERAL: PASIÑO A PASIÑO

Tras un pequeno descenso a semana pasada, parece que esta semana de paseos vos animou a seguir participando e, entre todos, sumar máis puntos.
Seguide así...pronto haberá máis formas de gañar puntos para o teu colexio.

Estade moi atentos ao blog :) 

                                        

RESPOSTAS RETO 21

TATATATATACHAAAAN!!!

Temos dos vídeos moi chulos que vos queremos ensinar :)

DÚAS NENAS QUE O FIXERON XENIAL!!!




domingo, 10 de maio de 2020

NOVO MES, NOVOS RETOS, NOVAS ACTIVIDADES

ESTREAMOS UN NOVO MES E TAMÉN NOVAS FORMAS DE GAÑAR PUNTOS PARA O TEU COLEXIO, QUE AGORA VOS PRESENTAMOS:


RETO EXPRESS

PREGUNTAS, REFRÁNS, ADIVIÑANZAS, PROBAS DE OBSERVACIÓN...RESPONDE RÁPIDO E GAÑA PUNTOS. SÓ TERÁS QUE ESCRIBIR A TÚA RESPOSTA NOS COMENTARIOS. ASÍ DE FÁCIL.


FOTOS DE PASEO

COMPARTE COS TEUS AMIGOS E AMIGAS OS TEUS PASEOS DIARIOS. OS PARQUES, PRAZAS, OU RÚAS POLA QUE ESTIRAS AS PERNAS AGOCHAN TESOUROS QUE PODERÁS DESCUBRIR CUNHA SIMPLE CÁMARA DE FOTOS. CONVÍRTETE NO MELLOR DETECTIVE E NO MÁIS INTRÉPIDO EXPLORADOR DO TEU BARRIO E GAÑA PUNTOS PARA O TEU COLEXIO.

XOGAMOS XUNTOS

CLASES DE XOGOS, XIMNASIA, MANUALIDADES, CONTACONTOS, ... COS EDUCADORES DO TEU COLEXIO. EN DIRECTO OU PARA VER EN CALQUERA MOMENTO.
TÚ DECIDES!!!




ESTADE MOI ATENTOS AO BLOG ...ESTOS NOVOS XOGOS PODERÁN APARECER PUBLICADOS EN CALQUERA MOMENTO!!!

venres, 8 de maio de 2020

RESPOSTAS RETO 20

HOLA FAMILIA!


En primeiro lugar, queremos darvos as GRAZAS por acordarvos nos vosos paseos de nós!! A verdade é que recibimos unha gran cantidade de fotos, incluso máis das que esperábamos😀


Como recompensa ao voso esforzo, coas fotos recibidas fixemos este VÍDEO con todo o noso cariño para vós que esperamos que vos guste:




Aproveitamos esta publicación para animarvos a que sigades participando!!!

RETO 21

Ola rapaciadaaaa...¿que tal vos atopades?, creo que cada día estades mellor, e agora que xa van uns días que podedes pasear...pensade que xa queda menos e se seguimos así ¡¡gañaremos!!



Mente en forma

Os materiais que necesitamos son:

- O cartón dos rollos do papel hixiénico ou de cociña


- Papel de regalo ou papel cun debuxo voso



Cos materiais que vos propuxemos tedes que pegar o papel que teñades pola casa no rollo de cartón, e pintarle uns olliños, e facerlle unhas orellas con papel, e teredes un bonito coelliño.





Espero que vos guste!!.......¡¡¡¡Mandade algún video ou foto cos vosos!!

Corpo en forma


Agora imos comezar a facer un pouco de deporte pra non olvidarnos da parte física, a cal e moi importante tamén.

Sabemos que agora xa levades uns días puidendo sair a rúa a pasear ou xogar....por iso imos propoñervos facer un xogo que o podedes facer en calquer sitio e o pasaredes moi ben.

Imos buscar un bordillo e imos poñer un pe diante do outro, tratamos de dar 10 pasos seguidos sen caer do bordillo e outros 10 pasos pra detrás voltando a onde comecei a facelo, temos que ter moito tino ao facelo xa que podemos caer, temos que ter moito sentidiño 

Se vos solos non podedes darlle unha man a vosa nai, ou o voso pai, ou a un adulto que esté con vos nese intre. 







Recordade que queda pouco e cantos mais puntos teñamo antes imos acabar co virus.



Puntuación:

Video 10 puntos.

Foto 1 punto.

#XuntosPódese

Nos vos esquezades de mandas as rosas respostas ao correo fapaswenceslao@gmail.com




mércores, 6 de maio de 2020

RETO 20

HOLA FAMILIA!

Sabemos que entre deberes e retos estades realmente ocupados, por iso queremos que o RETO de hoxe sirva para despexarnos un pouquiño á vez que pasades un acaco divertido. A nosa proposta é a seguinte:

Aproveitando estos días soleados e que xa podemos saír a rúa de cando en vez, imos facer un OBRADOIRO FOTOGRÁFICO. O único que precisamos é unha cámara de fotos ou, no seu caso, un teléfono móbil. O seguinte paso é poñernos mans á obra. Durante as vosas saídas fixádevos naquelas cousas que vos chamen a atención e sacade unha FOTO.


Poden ser da vosa CIDADE:


                                                                         NATUREZA


ANIMAIS


                                            XENTE FACENDO DEPORTE


OU INCLUSO VOS MESMXS


O reto durará toda a semana e o obxectivo é facer un gran collage con todas as vosas instantáneas. Ademais, o/a gañador/a da mellor foto, levará un premio especial ✌


ANÍMATE! E recorda enviar as túas fotos a fapaswenceslao@gmail.com 

RESPOSTAS RETO 19

TATATATATACHAAAAN!!!

Por fin volvemos a ter respostas a os nosos retos! 

De verdade gústanos moito cando nos enviades vídeos, fotos... así que PARTICIPADE!!

Aquí vos deixamos algúns dunhas nenas que o fixeron espectacular :)

- CORPO EN FORMA: